Crispress

Mi propio medio de comunicacion con los mios y el mundo.

jueves, abril 26, 2007

Rematei o descritor (i.e. sorte de ficha resumen) do libro de Antón Cortizas Era unha vez na Quimbamba para a miña clase de Lit. Galega e só podo recomendalo, especialmente se a poesía non é o voso, (coma min, que aínda estou esperando o último do Harry Potter). Desfruteino moitísimo, se cadra porque cando era pequena non había couxas tan ben feitas e axeitadas para nenos, e porque é do máis orixinal. Se cae nas vosas mans, e vos gusta a lingua en xeral, non deixedes de ler o titulado Magrí ñava guela, non ten desperdicio. Deixo unha foto dos poemas que me regalou o panadeiro o outro dia coa barra de pan e que me pareceu unha idea boísima. A min alo menos encantoume. E dedícolle este post ó meu sobriño Iago que ten certo vicio co pan.





Disque vai chover estes dias... espero que non para poder desfruta-la ponte!

lunes, abril 16, 2007

Warren County





Pois rinme moito co anuncio de Warren a verruga. Seguro que xa o vichedes na tele, senón, podedes premer no enlace para ver o video no blog de Vanesa, compañeira de maxisterio. Só quería contarvos que vivín durante dous anos nun condado dos máis antigos en Carolina do Norte que se chama Warren. Si, e tamen riron na casa cando mudamos de Elizabeth City e lles demos a nova direción. Velaí van un par de probas fotográficas. Tendes, por exemplo, o carnet da biblioteca a que ía buscar DVDs sen pagar un can, ou o "parade" que facían na vila cerca das Navidades os alumnos do onstituto no que traballaba a miña compañeira Ana. Quería publica-lo carnet de conducir coa miña antiga dirección pero non o farei por esas cuestións de roubo de identidade moi en boga nos EEUU.

viernes, abril 13, 2007

Para a clase de educación artística




Mais artistadas...Son como unha rapaza pequena con isto. Ata lles teño títulos e todo. O traballo con planos chámase "Na vila", e o outro "As cores da auga" e está feito con papel seda e celofán.