En galego
Este cuatrimestre quérolle dar un aire novo ó meu blog, e o primeiro que vou intentar é escribir en galego e tentar facelo medianamente ben, falar cústame un mundo, pero é porque creo que o inglés, sí, vaia por dios, é cáseque a miña segunda lengua. Isto de andar allende os mares case catro anos afecta moito, e por riba eu teño unha desas aboas que lle vendía pescado do bo na plaza ás ricas de Pontevedra e sempre acostumóu a falarnos en castelán. ¡Mágoa!
Espero que agora que estou a ver un pouco máis a galega, faga un pouco de efecto e isto millore. Tentaréi buscar un bo corrector do galego que me axude e que teña iso das Bs e Vs actualizadas, e aplicaréime para a asignatura de Lingua e Literatura Galegas. Xa vos contaréi como me vai. O que axuda moito e que en Santiago a xente, os meus compañeiros da facultade, falan en galego moito maís que en Pontevedra e isto agradécese. Algúns mestres oinos chapurrear un galego moi pobre na miña humilde opinión (o meu inda é peor), pero eu como profesora de idiomas só os podo defender pois a única maneira de milllorar á coa práctica, e por iso eu vou empezar a escribir en galego por primeira vez na miña vida dende aquí. Aviso non os asustedes moito!!
Sobre tantos cambios, teño que dicir que algúns deles déixanme abraiada. O máis sorprendente á miña volta das américas en xuño do pasado ano foi oir que somentes hai que poñer a interrogación ó final. Supoño que os signos de admiración tamén, non? Que alguén me corrixa si non. Incrible! En realidade é mais cómodo e rápido, pero que cambien algo sobre o que non tiña dúbida confúndeme máis sobre esa lingua minoritaria que me gustaría que fose a miña lingua nai.
Xa que o entroido está a piques de rematar escollo esta foto do halloween de fai un par de anos con bandera galega de fondo que ilustra moi ben este post.