Crispress

Mi propio medio de comunicacion con los mios y el mundo.

domingo, marzo 04, 2007

Teño a sensación estrana de que cando un quere algo non ven, e cando xa cres que non vai pasar pois ocorren varias cousas á vez, e non sabes por onde tirar. Esta sensación xa a tiven outras veces. Como cando teño ganas de sair por ahí, e non hai plan; e cando tes unha oportunidade tes que escoller entre unha festa, unha voda, ou a excursión que levas planeando unhas semanas. Lei de Murphy!!

E todo isto ten moito que ver co que estamos lendo en Socioloxía de Baunman sobre o Modernismo Líquido e o Individualismo. Coa globalización e a grandísima oferta que temos ante nos, tal e como dicía unha canción que escoitei hoxe( creo que de Madonna) só nos queda frustación. Viña dicindo "There´re so many options, but no consolation, no ilusion", unha canción que por outra banda non era desoladora pois finalmente remataba dicindo que inda quedaba o teu amor. E quero creer que ese individualismo no que estamos inmersos é máis ben un resorte para non caer na desolación de non poder facer todo o que desexamos.

2 Comments:

  • At 9:11 p. m., Blogger paideleo said…

    Cousas que pasan.
    Espero que a escolla fose atinada.

     
  • At 6:35 p. m., Blogger laurablog17 said…

    Hola Cris!te acuerdas de esa canción que te gustaba mucho y que salia en un anuncio?pues se titula "mad world", el intérprete no me acuerdo pero es algo así como Andrews. A mi también me gusta mucho la canción , la escuchaba mucho en London!jo que recuerdos!quiero volver =(
    Un besito

     

Publicar un comentario

<< Home