Crispress

Mi propio medio de comunicacion con los mios y el mundo.

domingo, marzo 25, 2007






Pois hoxe engadín un enlace ó blog dunha profe nos EEUU (contoumo paideleo que atopa sempre blogs moi interesantes) que está pasando por todas esas que xa pasei eu estes tres anos pasados e entroume morriña. E que tamén se pode ter morriña doutros lares nos que se viveu e traballou. E eso que América pouco ten que ver coa Pontevedra que estou disfrutando estes días soleada e chea de xente a pasear. Bótase de menos: as estradas amplas, o coche automático, as gangas do Wallmart e o Goodys, as librarías enormes coma o Barnes & Nobles, que a xente saúde polo pueblo, ou que manteñan as distancias no super, o delicioso caramel latte, as tortitas e os almorzos abundantes, os restaurantes mexicanos auténticos, e os hoteis a 34 dólares. Pareceume moi interesante este blog.
Aínda que teñamos visto tantas pelicúlas ianquis (querendo ou non), cando un chega os EEUU o trompazo, shock, ou como lle queirades chamar é moi grande, costa adaptarse a unha cultura que nos parece familiar pero que non o é porque, non sei si vos dades de conta, hai un oceano enteiro de por medio. Eu non recordo tantas sorpresas cando estiven de lectorado no Reino Unido. No vello continente todo funciona doutra maneira. E eu (supoño que por non ter viaxado máis) tiven no novo continente moitas veces a sensación de ser a primeira persoa en explorar terras vírxenes inmensas e prometo que a sensación é incrible aínda que sexa terra de ianquis.


8 Comments:

  • At 2:04 a. m., Blogger paideleo said…

    Os EEUU son unha fonte de sorpresa xigante. E esas estradas para perderse ou durmir no coche son ideais.
    Un saúdo.

     
  • At 1:07 a. m., Blogger mamiago said…

    hola hermanita, metí un vídeo y una foto en tu publicación en el blog de Iago, espero que te guste. bikos.

     
  • At 1:35 a. m., Blogger paideleo said…

    Xa mirei o video e comprobo que sabes a teoria da arte de tirarse a rebolos. Alegrome muito.

     
  • At 12:35 p. m., Anonymous Anónimo said…

    preciosa las fotos

     
  • At 4:45 a. m., Anonymous Anónimo said…

    Que sorpresa me levei fisgando polo teu blogo! Atopeime de novo con Iago. Había tempo que atopara a súa páxina por casualidade, e rírame moito coas súas aventuras.

    E que fotos tes... parabéns.

     
  • At 11:07 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Menudas fotos pones siempre! ya me están entrando ganas de saltar el océano para ver esos paisajes en primera persona, quedarme en un hotel de 34$, y gastarlo todo en esas gangas del Goodys y en tortitas! ñam
    Disfruta de las vacaciones, que te harán mucha falta...

     
  • At 11:55 p. m., Blogger abueloscrisytoño said…

    Si che pesca Iago o gorro, bótacho polo barranco ese colorado.

     
  • At 2:46 p. m., Anonymous Anónimo said…

    Tes que poñer ben a ligazon ao Blog de paideleo, tal como a tes non se atopa
    tes que poñer -leoeosseus-

     

Publicar un comentario

<< Home