Crispress

Mi propio medio de comunicacion con los mios y el mundo.

domingo, marzo 25, 2007






Pois hoxe engadín un enlace ó blog dunha profe nos EEUU (contoumo paideleo que atopa sempre blogs moi interesantes) que está pasando por todas esas que xa pasei eu estes tres anos pasados e entroume morriña. E que tamén se pode ter morriña doutros lares nos que se viveu e traballou. E eso que América pouco ten que ver coa Pontevedra que estou disfrutando estes días soleada e chea de xente a pasear. Bótase de menos: as estradas amplas, o coche automático, as gangas do Wallmart e o Goodys, as librarías enormes coma o Barnes & Nobles, que a xente saúde polo pueblo, ou que manteñan as distancias no super, o delicioso caramel latte, as tortitas e os almorzos abundantes, os restaurantes mexicanos auténticos, e os hoteis a 34 dólares. Pareceume moi interesante este blog.
Aínda que teñamos visto tantas pelicúlas ianquis (querendo ou non), cando un chega os EEUU o trompazo, shock, ou como lle queirades chamar é moi grande, costa adaptarse a unha cultura que nos parece familiar pero que non o é porque, non sei si vos dades de conta, hai un oceano enteiro de por medio. Eu non recordo tantas sorpresas cando estiven de lectorado no Reino Unido. No vello continente todo funciona doutra maneira. E eu (supoño que por non ter viaxado máis) tiven no novo continente moitas veces a sensación de ser a primeira persoa en explorar terras vírxenes inmensas e prometo que a sensación é incrible aínda que sexa terra de ianquis.


miércoles, marzo 21, 2007


Pois estou encantada coas materias de este novo cuadrimeste, incluso educación física, xa que están moi orientadas ó alumno co que nos imos atopar nas aulas, e por riba eu pásoo pipa. Hoxe decidimos que o traballo de grupo para ximnaxia vai ser sobre expresión corporal, e polo momento parece que xa temos bastantes ideas. O que máis me está costando son as asinaturas anuais, máis que nada por que os profesores cren que teñen moito tempo e estruturan as clases doutra forma, a ver si non perdemos máis tempo e acabamos de ver por donde temos que ir. Mentres tanto tentaréi mellorar este galego meu, que as compañeiras e meu marido rin cando o falo porque din que non soa natural, e turrar un pouco maís co das Os e Es pechadas e abertas que me traen polo camiño da amargura.
Que non se diga que non o intento, e para mostra do meu amor pola terra aí vai o gravado que fixen para artística. Seguro que todos os que o sufrichedes este verán recoñeceredes o tema, tan presente sempre na nosa cultura galega. Titúlase Bosque Queimado

lunes, marzo 12, 2007


Esta é a miña primeira obra de arte para á clase de educación artística. É un traballo sobre o punto, un mosaico titulado "Camelias sobre auga". Non pretendía ser un traballo moi realista pero o resultado sorpréndeme incluso a min. Quixen publicalo hoxe por parecer case primaveira.

lunes, marzo 05, 2007

En Galego...

Pois, hai moitas palabras que xa non levan acento en galego:
Ti, po,atmosfera, elite, parasito, ou as que teñen un ditongo decrecente, si cando afirmamos, el claro!!, este inda que sexa pronome ...
E outras que si o fan como:
Instruír e hiatos semellantes, réptil ou popurrí pola pronunciación...
E xa non falo do til diacrítico ou as contraccións que tamén son un mundo. Espero que escribir sobre isto faga o efecto procurado que é que isto permaneza na miña memoria a largo plazo agora que din que as reglas sobre ortografía e gramática xa están finalmente fixadas. Parece que aínda teñen que traballar un pouco maís a nivel léxico e ortofonético (as variedades dialectáis).
Oxalá os da RAG, e os do ILGA rematen pronto e poidamos ler e escoitar ese galego estandar que nos faría as cousas máis fáciles ós que non somos galego falantes, e sufrimos tódolos cambios destes últimos trinta anos.

domingo, marzo 04, 2007

Teño a sensación estrana de que cando un quere algo non ven, e cando xa cres que non vai pasar pois ocorren varias cousas á vez, e non sabes por onde tirar. Esta sensación xa a tiven outras veces. Como cando teño ganas de sair por ahí, e non hai plan; e cando tes unha oportunidade tes que escoller entre unha festa, unha voda, ou a excursión que levas planeando unhas semanas. Lei de Murphy!!

E todo isto ten moito que ver co que estamos lendo en Socioloxía de Baunman sobre o Modernismo Líquido e o Individualismo. Coa globalización e a grandísima oferta que temos ante nos, tal e como dicía unha canción que escoitei hoxe( creo que de Madonna) só nos queda frustación. Viña dicindo "There´re so many options, but no consolation, no ilusion", unha canción que por outra banda non era desoladora pois finalmente remataba dicindo que inda quedaba o teu amor. E quero creer que ese individualismo no que estamos inmersos é máis ben un resorte para non caer na desolación de non poder facer todo o que desexamos.